sábado, 13 de octubre de 2012

D. José Landeira Mouro


1940-1951


Na entrada de “Párrocos IV”, faciamos un pequeno resume dos curas que foran de Ortoño no século XX. Así puidemos aportar as fotografías de D. José Sanmartín Coto, a do seu sobriño D. José Sanmartín Chao, D. Juan Bueno Bueno e D. Manuel Campos Varela. Catro dos 37 párrocos, rectores e vicerrectores dos que temos novas dende o século XVI.

Hoxe damos a coñecer a fotografía de D. José Landeira Mouro. Sucedeu a D. José Sanmartin Chao cara 1940 e estivo en Ortoño toda a década dos cuarenta. O seu segundo apelido supoñiamos que era Moure confundidos pola súa particular caligrafía. A súa foto foi aportada amablemente por D José Feáns.


D. José Landeira Mouro

sábado, 29 de septiembre de 2012

Arreglo parroquial. (1854-1864)




Unha das nosas arelas é atopar e definilos límites parroquiais de Ortoño, así como os dos lugares que o forman. Deste xeito vimos como ó longo da historia, o coñecemento destes estivo en grande medida preservado na tradición oral e viva da xente, sendo escasos os documentos que os definían.
Polo momento non atopamos para a parroquia de Ortoño unha descrición pormenorizada de ata onde chega. Si atopamos novas da demarcación dos seus lugares a través dos documentos de foro que emitían os dominios que había. E semella que era o lugar e a súa extensión mellor definida o que se empregaba como unidade na articulación do territorio, pois é constante a definición da parroquia ó enumerar os lugares que a forman.
Este feito atopámolo no denominado “Arreglo parroquial” de entre 1854 e 1864 dado no arcebispado de Santiago. A situación da Igrexa a mediados do s. XIX mudara moito dende comezos do século. A abolición dos señoríos e as antigas xurisdición, a creación dos concellos e os partidos xudiciais, deixara obsoletas moitas das estruturas que vertebraban o territorio. Así as parroquias por mor dos dominios que posuían o territorio arrastraban límites e demarcacións impostas por intereses herdados destes. Posteriormente a 1850, en que se firma un concordato entre España e o Vaticano, empézanse a separar e ter máis en consideración os aspectos espirituais e de comunidade parroquial, respecto os intereses territoriais que rexían anteriormente. Así había multitude de casos en que as parroquias tiñan formas estrañas, habendo aldeas moi alonxadas da igrexa parroquial, e sen embargo paradoxicamente cerca da outra igrexa da parroquia veciña. Aquel arranxo parroquial da década dos 50-60 do s. XIX intentou facer unha redistribución da poboación con respecto os centros de culto, de xeito que se aliviasen os inconvintes de esta alonxados.
Aínda que a idea era boa, e que se fixo partindo de toma de datos previas realización de enquisas, o tal “Arreglo parroquial” non veu a gustar moito no animo de moitos feligreses. Así, en moitas parroquias que se propoñían un cambio, sobre todo unha perda de unha aldea a favor da parroquia veciña, comezaba unha serie de protestas e apelacións ó arcebispo rebatendo as razóns do cambio. En outros casos desestimáronse os cambios, sen semellar ter sido postos en coñecemento dos feligreses, e outras veces prosperaron.
Na Maía mudaron límites, como en Cobas e nos Ánxeles, pero en Ortoño as súas fronteiras centenarias permaneceron inalteradas por este cambio, pero por moi pouco. No proceso, antes de nada, fixéronse averiguacións de distancias, e tamén se lle pediu a opinión dos párrocos, pois supoñiase que estes tiñan un bo coñecemento do terreo. Isto é o que nos di o párroco dos Ánxeles da súa parroquia:

“Angeles, Santa María y San Salvador de Bastavales de provisión en concurso; dista un cuarto de legua las iglesias y compone el curato 1510 almas en la extensión de media legua y hay ademas en un extremo de la principal junto a los baños del Tremo la capilla de la Guadalupe.
Propone este cura que se le agregen los lugares de Carballido, Castrigo, Pedregal y Casaliño pertenecientes a Ortoño, de cuya yglesia distan mucho, y se hallan incomunicados por la interposición de un río...”

Non debeu comunicar o cura dos Ánxeles o seu parecer ó de Ortoño, porque este non debía saber nada, para cando se escribe a reseña a Ortoño:

Ortoño, San Juan
Parroquia de 1200 almas, urbana de entrada y de presentación del conde de Altamira. Segregamos de ella y unimos a la de los Angeles algunas aldeas cuya comunicación con la parroquia de Ortoño es interumpida por un río. Ascribimos dos sacerdotes y establecemos un coadjutor con 2000 reales. Señalamos al párroco 5500 reales de dotación y 1000 para el culto.

A verdade e que esta nova non debeu facerse publica. Tan pronto como a debeu saber o cura de Ortoño desestimouse o proxecto. Xa que posteriormente a parte “Segregamos de ella y unimos a la de los Angeles algunas aldeas cuya comunicación con la parroquia de Ortoño es interumpida por un río.”, foi tachado.

Ortoño, o cabo, quedou intacta, a pesar do cura dos Ánxeles. Ós Ánxeles tentáronlle tamén segregar Gundín e Cabanelas a favor da parroquia de Boullón, pero neste caso foron os veciños os que non quixeron. Sen embargo suprimiuse o anexo do Divino Salvador de Bastavales dividíndoa entre os Ánxeles e San Xulián de Bastavales. Os Ánxeles fíxose máis grande, pero o seu cura perdeu o Anexo.

sábado, 15 de septiembre de 2012

Un ortoñes en Ribeira no s. XIX.


Don Manuel Antonio Vilacova García (Párroco de San Paio de Carreira do 1849 ó 1884).

Tratase de Manuel Antonio Vilacoba García, da casa de Ventura da Punxeira, que chegoua a ser párroco de San Paio de Carreira, no actual concello de Ribeira. A nova esta tirada do libro Historia de Carreira, de Javier Crugeiras Sampedro. Ed. Cardeñoso (Vigo) 2007:

Chegou á parroquia no mes de outubro do ano 1847 exercendo de cura ecónomo, e así estivo ata o ano 1849 no cal pasou a dirixir a mesma como párroco.
Era natural da parroquia de San Xoán de Ortoño (Ames). Mentres foi ecónomo viviu no lugar do Outeiro, e cando pasou a párroco arranxou a casa reitoral de Sampaio para irse vivir alí.
A este crego tocoulle vivir quizais dous dos peores intres da historia do pobo de Carreira, xa que durante o seu curato foi cando tivo un preito cos fregueses pola falla de pagamento dos tributos á Igrexa e máis cando se expandiu a epidemia de cólera por estas terras e que deixou na parroquia a cifra de 146 mortos.
Corrían os primeiros días do mes de xullo do ano 1854 cando comezaban a xurdir casos desta enfermidade no porto de Santa Uxía de Ribeira. De súpeto, o cólera estendeuse polas poboacións, atemorizando a tódolos veciños e deixando ó seu paso unha ringleira de cadáveres de toda condición social. Organizáronse por tódolos pobos procesións e rogativas co xeito de que serviran para deter as iras divinas. O cura Vilacova relatou así o dramático acontecemento no libro de rexistro parroquial :

«Peste del cólera morbo-asiático. Piadoso lector, no te asuste encabezar con este epígrafe las numerosas partidas que le siguen, antes bien adora los designios de la divina Providencia que para castigar los excesos e impiedad de los mortales aplica con rigor sobre los pueblos los males de guerras, hambres y peste: de los dos primeros estuvieron libres en los últimos años los pueblos de estas rías, pero Dios, para castigo de nuestros pecados y nuestra encomienda, nos mandó la terrible peste del cólera morbo-asiático, traído según se cree por un vapor de guerra que venía de La Habana al puerto de Vigo, en donde empezó a hacer estragos en sus alrededores y en toda la provincia de Pontevedra siguió durante la primavera de este año. A esta parroquia también le tocó su vez, empezando en el lugar de Castiñeiras, y los recorrió casi todos sin respetar clases, edades ni secsos. El Soberano Redentor en su infinita misericordia tenga piedad de los que sucumbieron al ataque de tan extraño y terrible mal, y liberte a los que sobrevivan de un castigo tan severo, horrible y angustioso, que apenas da lugar a recibir los Santos Sacramentos de Penitencia y Extremaunción. Vale».

Para uns meses despois, logo do caloroso e terrible verán que pasara, rematar de documentar a traxedia deste xeito macabro pero afortunado:

«Fin del cólera Morbo: Piadoso lector, en diez de setiembre terminaron las defunciones del terrible cólera morbo-asiático que, en corto espacio de tiempo, arrastró al sepulcro 146 víctimas de todo estado y condición, resultando haber fallecido de tan terrible enfermedad un nueve por ciento de la población de este pueblo, habiendo sido acometidas más de 600 personas. Debo decirte que, alarmados con tan funestos estragos, hemos salido en procesión por todos los lugares de la parroquia con las sagradas imágenes de Ntra. Señora del Rosario, Ntra. Señora de La Guía, San Pelayo y San Roque, y por último salió también Nuestro Divino Jesús Sacramentado, acompañados de centenares de afligidos que pedían misericordia. Por fin desde aquel día memorable que fue el siete de setiembre cesaron los casos fulminantes pereciendo solo los que ya casi estaban en la agonía. Ruega al Soberano Criador por el eterno descanso de tantos como sucumbieron a los rigores de tan terrible calamidad y que no vuelvan a repetirse días tan aciagos y funestos. Así te lo suplica este afligido cura párroco que tuvo la dicha de sobrevivir a tan funesta catástrofe. Carrª y Septiembre 24 de 1854».

Pero un ano antes, o outro episodio tráxico deste cura fora poñerse na contra dos humildes e traballadores veciños do pobo que se negaban a pagar os tributos á Igrexa en forma de oblatas, que eran os conceptos de pagamento ó párroco polos dereitos das misas de bautismos, casamentos e enterros, e que se correspondían basicamente en entregarlle ademais das cantidades de diñeiro correspondentes, outros espécimes tales como galiñas, aceite, millo, etc. Chegou a levalos a xuízo ata o xulgado de Noia, e ante a apelación destes, á Coruña, sendo as dúas causas perdidas polos fregueses de Carreira, tendo que cederen e voltaren a facer efectivas as devanditas taxas.
Foi o señor Vilacova un párroco que logo do seu pasamento non tivo unha boa lembranza dos veciños da parroquia, ó contrario do que pasara con algúns dos seus antecesores.

Fonte orixinal:
Fco. Javier Crugeiras Sampedro.
Historia de Carreira. Ed. Cardeñoso (Vigo). 2007.

sábado, 25 de agosto de 2012

Un antigo lugar: Ribas de mar.




Xa en algunha ocasión falouse de este lugar tan enigmático, do que non se dou topado a súa ubicación.
Como outros nomes de lugares este indica cercanía. Así os topónimos coma Ribadulla, Ribadumia, Ribadeo, Ribasar, falan dun lugar achegado o cauce de un río. No caso de Ribas de mar, dísenos que estamos ó carón de algo tan xenérico e pouco especifico coma o mar. E sen embargo, non se atopan por ningún lugar da costa ningún topónimo coma este.
Del tiñamos novas polo xa sabido libro primeiro da cofradía de San Antonio e San Roque, que fora fundada ala polo ano de 1696. Daquela aparecen os primeiros cofrades agrupados polos lugares da parroquia onde moraban. Descubríase que non aparecía ningún veciño de Castrigo nin do Instrumento, pero si o tal Ribas de Mar. Este dato fíxonos sospeitar que o Instrumento podía ser Ribas de Mar, xa que esta a carón do río Sar, ou sexa da auga.
O Instrumento, desvelouse como un asentamento dentro do lugar de Lapido, que correspondía a unha concordia dos veciños do lugar plasmada por escrito, ou sexa nun instrumento.
Aquel acordo debeuse dar na segunda metade do século XVII. Pero parece ser que hai novas que falan de Ribas de Mar xa primeiros do XVI. Máis concretamente, descubríronse documentos que falan dun lugar con ese nome na veciña parroquia de Santa María dos Ánxeles. Fora de Ortoño ou dos Ánxeles, preguntámonos a que se lle podía chamar mar nestas dúas parroquias da Maía.
Mar propiamente non, pero un mar intermitente si. O curso do río Sar ó chegar a ponte da Condomiña, torce ó sur cara Padrón e ata adentrarse ben na parroquia de Bastavales, discorre por unhas agras completamente chans con unha mínima pendente. Cando chove moito o río tende a desbordarse e anegar as agras ocasionando o que na bisbarra se lle chaman as cheas. Deste xeito as agras quedan cheas de auga parecéndose a un mar, onde moitas especies de aves migratorias recalan no inverno. É posible que este sexa o mar de Ribas de Mar.

http://www.terrasdesantiago.com/img/noticias/20100105/tiep7f03272532_327141.jpg

Deste xeito o lugar dos Ánxeles que máis achegado esta, e que moitas veces sufre estas mesmas inundacións é o Rial. Poida que o Rial fose o interesante Ribas de Mar, pero aínda así queda a hipótese de que tivera outro emprazamento e co tempo se deshabitara e esquencera.

sábado, 14 de julio de 2012

Libro de fundacións XXXIX

Fundación trixesimo novena.


8 de outubro de 1717.




Esta é a fundación número 39 do libro de fundacións e obras pías da parroquia de Ortoño. Sen embargo semella ser en todo idéntica a número 38.
Naquela comparecía D. Carlos Bermúdez de Castro, veciño da Condomiña e Meiriño e Xustiza maior de Altamira para facer cumprir unha cláusula do testamento da súa defunta primeira muller, Dona Melchora González de Solís.
Agora o que se expón é aquela escritura outorgada por ámbolos dous, Carlos e Melchora. Nela dicían que non tiveran fillos e que se doaban mutuamente os seus bens. Ademais ela fundaba unha misa o día da Natividade da Virxe María ou na súa outaba, dando por ela dous reais de limosna. Para que se levara a cabo hipotecaba tódolos seus bens, especialmente as labranzas e casas da Condomiña.



lunes, 4 de junio de 2012

A defensa de un menor en 1801.


Na entrada anterior falábamos da Inclusa de Santiago, e como repartía os nenos que se entregaban nesa institución entre os veciños circundantes de Santiago para que foran criados.
Aqueles nenos, deparáballes unha lastimenta vida.  Como vimos, moitos rexeitábanos. Eran criados entre os extractos máis humildes da poboación e moitos xa de corta idade acababan mendigando.
Velaquí temos en 1801 un de aqueles nenos recala en Ortoño exercendo a mendicidade. Chamábase Mauricio Rey e tiña 10 anos. Estivo traballando dous meses para Domingo Martínez, zapateiro. Despois entrou ó servizo de Juana Rodríguez na taberna do Santo pouco máis de sete meses. Deixou este traballo, pero como a taberneira non pagaba o que lle debía, saíu o zapateiro na súa defensa ante a xustiza de Altamira.
Fíxose un proceso para a protección de este menor, do cal tampouco obtivo moito o pequeno Mauricio. Pois a taberneira ata lle ten en conta a máis da roupa que lle dera a rotura de un vaso. Ó cabo despois dos descontos quedáronlle ó seu favor 14 reais de vellón, que ó ser menor mantivéronse retidos ata que aparecese o seu titor ou chegase a maioría de idade.

Sabemos desta historia, por un documento privado gardado nos arquivos dos veciños da parroquia, que son uns verdadeiros cofres de tesouros esquecidos. Este é o texto:

Digo yo Mouricio Rey, que soy menor y de edad diez años poco mas o menos que habiendo llegado a mendigar por la parroquia de San Juan de Ortoño, llegue a casa de Domingo Martínez maestro zapatero en cuyo poder estuve le sirviendo dos meses al cavo de ellos, me salí y entre a servir con Juana Rodrigues tabernera en la taberna de San Cipriano, en cuyo poder le estuve sirviendo siete meses y medio, al ultimo de los cuales me salí de su compañía, y para cobrar mi soldada salio el Domingo Martínez en mi compañía ante su mrd la justicia ordinaria de la jurisdicción de Altamira, esta comisiono a Gabriel de torres ministro con orden para que para el fin de tasar siete meses y medio, que serví a la Juana se nombrasen peritos para su regulación que tubo efecto, y por tales fueron Fermín de Reyno y Pedro de Seve, y estos conformes y estando presentes declarar deben la Juana a su criado cincuenta y seis reales de vellón, y de estos me ante la Juana le tiene entregado una camisa en cinco reales otros cinco reales por unos calzoncillos ,un calzón otros cuatro reales por ser roto y veinte y cinco reales, por una chupeta a lo militar que le compro por conveniencia con lo cual y dos reales mas por un vaso que rompió, resta la Juana, al Mouricio Rey catorce reales de vellón, los que ahora encontrado entrego al señor Fermín Reyno perito actual para que los tenga en su poder a ley de deposito hasta que el menor o persona que le conozca sen su defensor o curador los retenga en si por la menor edad. Y para que conste se pone por escrito recibo y carta de pago, que presente el Fermín lo acepta y prometió cumplir con el deposito y Pagar en llegando el caso dichos catorce reales al referido Mouricio o quien su facultad tenga, de que fueron testigos Ygnacio de la Yglesia dichos comisionado y peritos Pedro Vilacoba y Francisco de Torres de esta vecindad, y de Santa Maria de Trasmonte fecha a diez y siete de marzo de mil ochocientos y uno.


Foto: http://lh4.ggpht.com/_-p4TWnh5zEc/S4GccUoxFGI/AAAAAAAAE_w/k4-edWmje-c/IMG_1928.JPG
Actual establecemento hosteleiro do Santo.