viernes, 15 de enero de 2010

As xurisdiccións antigas na Maía III

Parroquia de San Salvador de Bastavales

Continuamos presentado os límites aproximados das parroquias e os seus lugares pertencentes a bisbarra e val da Maía, para a partir deles, construír o mapa das antigas xurisdiccións.
Desta volta falamos de una pequena parroquia desaparecida en 1851, no ámbito eclesiástico, pero que subsiste hoxe no civil. Tratase de San Salvador de Bastavales, situada entre as parroquias dos Ánxeles, ó norte, San Xulián de Bastabales, ó sur, e tendo por limite polo leste o río Sar, que a separa da de Ortoño.


Os seus lugares estaban repartidos entre as dúas xurisdiccións deste xeito. Gándara e Reboredo pequeno eran da xurisdicción da Maía, e Cirro, Soutullos e San Salvador a de Altamira.
Gándara no pasado tamén se chamaba Gándara fresca, suponse por estar cerca do río, e era residencia da familia dos España. Estes procedían dos España composteláns, que tiñan capela propia dentro da catedral de Santiago. Esta é unha familia da pequena nobreza, con terras e vínculos na parroquia de Ortoño, que se dedicaba a fe publica entre outras ocupacións da administración do antigo réxime. Emparentaron con outras familias, destacando a dos Romero de Leis, señores do pazo de Barro na Baña, e posteriormente marqueses de Leis.


Voltaremos sobre esta linaxe ó falar dos lugares de Casaliño, Pedregal e Bertamiráns, en Ortoño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario