Na xurisdicción da Maía, o oficio de escriban era unha concesión do arcebispo que llo concedera a unha determinada persoa. O oficio administrábao o dono podendo obrigar ó notario a renunciar e poñer outro. Sen embargo era sempre o final o arcebispo o que tiña a última palabra, xa que si os candidatos non reunían os requisitos o arcebispo podía decretar nula a concesión e o oficio volvía á el.
Non se conserva esta concesión e por tanto non sabemos en que familia recaeu, pero dispoñemos dos notarios que foron da xurisdicción ata o fin dos señoríos, e que nos dan pistas para seguir este oficio:
1º
Domingo do Camiño ¿?- 1616
2º
Rodrigo López Rocha 1616-1633
3º
Juan López Rocha 1633-¿?
4º
Domingo Freire ¿? -1676
5º
Francisco García Otero 1676-1677
6º
Andrés Suárez Freire 1677-1678
7º
Matías Freire de Castro 1678-1703
8º
Antonio Freire e España 1703-1732
9º
Simón Freire e España 1732-1776
10º
Manuel Antonio Brandoñas 1776-¿?
11º
Bernardo Antonio Vázquez ¿?-¿?
12º
¿ Joseph Andrés Vilacoba ? ¿?-¿?
Do primeiro,
Domingo do Camiño, non sabemos dende cando exerce. O terceiro,
Juan López Rocha, presumiblemente fillo de
Rodrigo, foi obrigado a renunciar polo dono do oficio, quizais porque
Domingo Freire, seu sucesor e veciño de Guitiande, era parente do dono, ou o mesmo dono. Este a súa vez renuncia en 1676 en
Francisco García Otero que exerce un ano soamente porque vive en Santiago e non lle convén o posto.
Francisco renuncia en
Andrés Suárez Freire, que ademais de ser xenro de
Domingo Freire era ó mesmo tempo notario de número do coto de Nantón na xurisdicción de Barcala. Sucédeo
Matías, cuñado do anterior e fillo de
Domingo Freire. Síguelle,
Antonio Freire, fillo de
Matías e ambos veciños de Agrón. En 1732 Antonio renuncia en
Simón Freire e España, seu fillo. En 1776
D. Simón, que exercía na súa casa do Casal parroquia de Ortoño, renuncia por ser vello e estar cheo de achaques para traballar. Faino en
Manuel Antonio Brandoñas, fillo de
D. Roque Brandoñas, funcionario estatal para as rendas do tabaco, e de
Dª Mariana Cuinago. O pai de
Manuel Antonio era de Viceso e súa nai de Soutomaior no actual concello de Arcade.
Manuel Antonio non soamente accede a notario da xurisdicción, senón que lle compra o oficio a
D. Simón, pasándolle posteriormente o oficio a seu cuñado
Bernardo Antonio Vázquez. Non sabemos se este foi o derradeiro notario da xurisdicción, xa que despois de el o oficio puido ter pasado a seu xenrro
Joseph Andrés Vilacoba, veciño da parroquia de Ames e fillo e neto de notarios, que por 1815 solicita e obtén o titulo de escribano real concedido por
Fernando VII.