domingo, 12 de junio de 2011

Libro de Fundacións XXII

Vixésimo segunda fundación.




30 de abril de 1702.



Juan de Trayglesia, veciño de Lapido, e fillo que fora de Antonio de Trayglesia, defunto xa en 1702, achegase a reitoral de Ortoño a impoñer unha misa que deixara seu pai. Esta, era unha máis das condicións postas nas concordias ou capitulacións matrimoniais que fixera ó tempo do casamento dos seus fillos Juan e Antonia que o fora nun matrimonio dobre, ou sexa, os conxugues eran familiares entre si, con case toda seguridade irmáns. Soamente coñecemos o nome do marido de Antonia que o era Domingo Rodríguez de Mourigade, veciño de aquel lugar da parroquia de Bugallido.


Antonio de Trasyglesia, fixera o documento en novembro de 1668 ante Martín Fernández de Pazos, notario de Santiago, na que fixo a mellora en terzo e quinto dos seus bens, ó seu fillo Juan, sobre terreos sitos en Lapido, Punxeiras altas e Capeáns, lugar da feligresía de San Estevo de Cobas.

Para que aquela escritura, que obrigaba os seus herdeiros, tivese efecto había que cumprir tódalas condicións, e entre elas estaba a dicirlle unha misa perpetua pola alma do finado.

Non sabemos a data da morte de Antonio, pero é de supoñer que fora anos antes de 1702. De tódolos xeitos a fundación cumpriuse durante máis dun século en xentes que non eran de Lapido, pero si de lugares máis achegados ós bens hipotecados, signo de seren eles os novos posuidores de tales fincas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario