martes, 21 de septiembre de 2010

Artistas que traballaron en Ortoño III

Haberá un mes publicamos en este blog a entrada referente os “Artistas que traballaron en Ortoño”.


Nela introducimos unha descrición do templo de Ortoño dende o punto de vista que expresara Gende Franqueira na súa tese doutoral. Con este texto introducimos varias imaxes. Unhas eran fotografías de imaxes que se veneran na dita igrexa parroquial e outros eran planos da mesma igrexa que se conservan no arquivo parroquial.



Estes planos feitos por un arquitecto foron un encargo que fixera na década dos 80 do século pasado D. Manuel Campos Varela, dentro de un basto plan para a conservación do patrimonio parroquial.

Corte lonxitudinal da igrexa de Ortoño, mandado trazar entre outros planos por D. Manuel Campos Varela, párroco que foi de Ortoño.


Un lector de Bugallido pideunos un documento semellante da igrexa da súa feligresia. Pero quizais non se poida obter porque anque o estudio de Gende Franqueira achegase a todas as igrexas da contorna, ós planos e debuxos que mostramos de Ortoño son xa algo moito máis especifico, e que na opinión de D. J. Andrés López Calvo, párroco de Ortoño ata hai uns tres meses, son documentos moi pouco frecuentes nos arquivos parroquiais



De todos os xeitos seguiremos traballando para dar a coñecer todas estas cuestións, tendo sempre en conta que anque este é un lugar para historia de Ortoño tamén o é para o seu contexto inmediato da Maía, e especialmente as feligresias que lindan con ela como é a de Bugallido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario