A mediados do mes pasado de agosto, ardeu en dous días unha extensión de monte achegado a Bertamiráns. Podemos encontrar agora na rede noticias relativas a aquel lume que era situado entre os concellos de Ames e Brión.
Anque os incendios forestais son unha lacra do noso tempo, este é a escusa para traer aquí a cuestión dos nomes antigos e os límites tamén antigos.
Porque precisamente o monte que ardeu era chamado, dende antigo, o monte de pedras miúdas ou da fonte seca. Estaba repartido entre varios lugares. Así aquí xa falamos da parte que correspondía a Castrigo, que segundo un inventario do s. XVIII lle pertencía a sesta parte. Os outros lugares eran os de Lamiño, en Brión, Adoufe e Guitiande nos Ánxeles, e ó Pedregal e Castrigo en Ortoño. Por iso, a este monte veñen testar, e fan fronteira, tres parroquias que son Santa María dos Ánxeles, San Fins de Brión e San Xoán de Ortoño.
Estado do monte queimado no paraxe de Montelle, no lugar de Pedregal |
Todas estas cuestións tratarémolas cando estudemos o lugar do Pedregal e sigamos profundizando no de Castrigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario