martes, 14 de septiembre de 2010

Os selos I

O termo Selo (do latín Sigilum), ou sello en castelán, aplicase por un lado, para nomear o instrumento con imaxes gravadas que, a través da impresión de tinta sobre o papel, utilizase para autorizar documentos. Por outro lado, tamén se chama selo a impresión que resulta do uso de este instrumento, xeralmente o lado de unha ou varias firmas.

O selo nos documentos empregouse dende antigo para darlles autenticidade. Deste xeito os Reis e os bispos selaban os diplomas que emitían e tamén outras personalidades.

Sen embargo non foi ata o reinado de Felipe VI (1621-1665) en que por unha Real Pragmática de 1636 obriga a que todos os documentos oficiais e privados deberían ser feitos sobre papel selado.

Selo de un documento de 1639 que se garda en unha casa das Punxeiras
Esta disposición haina que enmarcar nun período da historia de España, que ó igual que hoxe, dunha grave crise económica e financeira, e esta medida non tiña máis afán que o recaudatorio. Nos seus orixes chegouse a atribuír a inspiración de esta medida ó confesor do Conde-Duque de Olivares, o xesuíta Hernando Salazar.
Selo de 1744

Ía ser unha medida transitoria pero sen embargo consolidouse chegando ata os nosos días. Para o estado tratouse de un imposto indirecto e ben saneado, xa que el era o que o emitía, e semella que primeiro introduciuse en España e logo se estendeu polo resto de Europa.
Selo de 1826

Esta introducción adapta o selo a funcións administrativas comúns, adquirindo máis difusión, facendo os documentos máis oficiais e solemnes, nota que ós aproxima ó obxecto principal que o selo tivera nos seus orixes. O caracter institucional, as veces persoal, que ten o selo na idade media e moderna, pérdeo a partir do s. XVII a favor de unha marca da administración central que lle da un caracter de unificación documental.

Selo de 1968 do Cardeal Quiroga Palacios, arcebispo de Santiago. Este selo atoparemolo en moitos documentos de panteóns do cemiterio parroquial. É un exemplo da utilización do selo persoal.
Nas coleccións diplomáticas privadas atopadas na nosa parroquia, ou sexa nos papeis vellos que se gardan en moitas casas, atopáronse multitude de documentos feitos en estes papeis selados.
Selo de 1800 do Cabildo de Escribans de Madrid cando autentificaban un escribano e a sua firma, que tiña que ter validez lonxe do seu posto de traballo. É un exemplo de selo de unha agrupación que tamén apareceu en documentación privada.

O documento máis antigo conservado na parroquia data de 1578 e procede do lugar de Castrigo, é máis antigo que os do arquivo parroquial, sen embargo carece de sello. O primeiro data de 1639 e gardase en unha casa nas Punxeiras

Dende a primeira metade do s. XVII ata o s. XX temos atopado os selos de practicamente todos os anos, en documentos dos máis variados temas.

Deste xeito, varios feligreses deixáronnos acceder as súas coleccións de documentos dos que moitos están feitos en papel selado. Nos leémolos, e facemos copia das partes máis interesantes para logo devolvelos.

Teñen un interese enorme para a historia e identidade da parroquia, xa que a través deles imos coñecendo os sucesos máis salientables e tamén os cotiáns das xentes da nosa terra a través de máis de 400 anos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario