Cruceiro do campo da festa dos Ánxeles, onde antigamente se elexian ós representantes dos veciños da comarca. http://www.trivago.com/brion-338216/church--cathedral--monastery/igrexa-de-santa-maria-dos-anxeles-1542727/picture-i6786235 |
Sen embargo a realidade foi de outro xeito. Dende o s. XVI ata o XIX, existeu na nosa terra un sistema administrativo que tiña en conta ós veciños a hora de se rexer, aínda que estivese en vigor un sistema feudal herdado da idade media e o réxime do estado fora a monarquía absoluta.
Deste xeito na idade moderna e comezo da contemporánea articuláronse unhas divisións administrativas, no só na parroquia de Ortoño, si non tamén en toda a bisbarra dividida nas xurisdicións de Altamira e a Maía. É máis, aquela división xurisdicional marcou de forma efectiva a administración destes territorios, nos ámbitos fiscal, xudicial e administrativo. Os lugares ou aldeas tiñan os seus límites, que estaban moi ben definidos polos apeos e constituían a unidade básica territorial de cada unha de aquelas xurisdicións. Polo contrario a parroquia non podía desempeñar o espazo de unidade mínima porque había parroquias nas que entraban dúas ou máis xurisdicións.
Así os rexementos, ou sexa as corporacións que rexían a Altamira e a Maía estaban conformadas por persoas dos lugares de cada xurisdición, e cada lugar tiña representación a hora de ser elixidas. Isto facíase con independencia das feligresías ás que pertencían os moradores con dereito a elixir e a ser elixidos. Pódese ver na elección do rexemento e procurador xeral, que se soia facer por un ano e que se levaba a cabo o día 12 de marzo, festividade de San Gregorio, no adro de Santa María dos Ánxeles, no lugar dos Alqueidóns. Neste acto os veciños e vasallos son consignados polo se nome, e en caso de duplicidade de nome pola aldea onde vivía, non da parroquia a que pertencía.
Agora ben, aqueles usos e costumes non se estableceran, sen dubida, naquela época. Seguramente estas formas tíñanse institucionalizado a partir da tradición que viña dende a idade media, moito antes da formación da xurisdición de Altamira. A proba témola na permanencia de determinados cargos ou postos herdados daquela organización que perviviron despois da desaparición dos señoríos, case ata os nosos días.
No hay comentarios:
Publicar un comentario